IGREXA DE SANTA MARÍA DE CASTROMAO

Relixioso
1320

Localización

Parroquia: Castromao (Santa María)

Lugar: Castromao

32368  A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 14' 12.9" N - 7º 03' 25.9" W

Descrición

O retablo da igrexa de Castromao é de finais do século XVI (renacentista), con grandes columnas e un enorme frontón triangular; no centro represéntase a Virxe da Asunción.

Destacan como elementos máis singulares neste templo o artesoado, o chan de madeira orixinal e os catro Evanxelistas, representados cos catro símbolos; san Mateu simbolízase cun anxo (ou home con alas), porque o seu evanxeo comeza coa listaxe dos antepasados de Xesús. San Marcos simbolízase cun león, porque o seu evanxeo comeza coa predicación de Bautista no deserto, onde había animais salvaxes. San Lucas simbolízase cun boi ou touro porque o seu evanxeo comeza coa visión de Zacarías no templo, onde se sacrificaban animais coma bois ou ovellas. San Xoán simbolízase cunha aguia e a mirada dirixida cara ao sol, porque o seu evanxeo comeza coa contemplación de Xesús-Deus.

Estas importantes esculturas do retablo son obra de Gregorio Español, escultor dos séculos XVI e XVII, autor, entre outras obras, do coro da catedral de Santiago; ademais introduciu o "manierismo" en Galicia.

Acceso

Estrada Alto do Covelo - A Veiga
Arriba