SANTUARIO DE SANTA MARÍA DAS ERMIDAS

Relixioso
7791

Localización

Parroquia: As Ermidas (Santa María)

Lugar: As Ermidas

32375  O Bolo - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 31.9" N - 7º 08' 18.9" W
+34 988 323 030
+34 988 323 075

Descrición

A fachada deste santuario pode considerarse como unha das mellores obras do Barroco galego. Portada profusamente decorada; obsérvanse varias imaxes e destacan as súas columnas salomónicas, decoradas con vide e outros motivos vexetais. Teñen dúas torres, divididas en cinco tramos, todos eles diferentes. O interior garda interesantes retablos, destacando o do Altar Maior pola súa riqueza. O Santuario foi mandado construír polo Bispo de Astorga no ano 1624, cerca do lugar onde a tradición conta que apareceu a talla da Virxe. Ao templo orixinal dunha soa nave, fóronselle agregando a Capela Maior e as dúas torres, así como dúas naves no lado norte e o sur. O recinto do Santuario presenta un pavimento decorativo de cantos rodados e un cruceiro barroco no centro.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!