IGREXA DE SAN SALVADOR DE VILAZA

Relixioso
1343
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilaza (San Salvador)

Lugar: Vilaza

Rúa Igrexa 17

32618  Monterrei - Ourense

Coordenadas:
41º 55' 53.0" N - 7º 29' 20.0" W
+34 988 410 000
410001
410334
+34 988 411 900

Descrición

O edificio actual da igrexa é de estilo barroco, o seu carón unha torre medieval   de grandes dimensións.
Pasado con presenza no mesmo espazo dun mosteiro dúplice, chamado ata o século XI da Santa Cruz, con relación co mosteiro de Celanova; dende mediados do século XII, baixo o dominio da Catedral de Ourense, podendo ser este o momento de construcción da torre; na idade moderna, no século XVII, pasa a pertencer á Compañía de Xesús de Monterrei. Na actualidade mantén ó culto como igrexa parroquial.
Como elementos a destacar na torre chaman a atención oito fiestras, dúas por cara, de arco de medio punto con decoración de taqueado. Na portada sur da igrexa preséntase unha fornela moi adornada onde se localiza un reloxo de sol. No seu coidado ámbito consérvanse interesantes pezas arqueolóxicas como un miliario, bautismais, etc.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Barroco
Arriba