IGREXA DE SANTA MARÍA DE PRADO

Relixioso
1111

Localización

Parroquia: Prado de Miño (Santa María)

Lugar: Prado

Rúa: Lama s/n

32430  Castrelo de Miño - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 08.0" N - 8º 03' 29.0" W

Descrición

Conxunto formado pola igrexa, o adro e a parte tradicional do cemiterio, así como o muro tradicional de pedra que os circunda.

A igrexa sitúase no lugar da Eira, na parte baixa dunha ladeira con abundantes árbores e con terreos circundantes dedicados ao cultivo da vide. Ten orixe románica (século XIII) e conserva os canzorros nos muros exteriores.

A edificación primitiva sufriu desafortunadas intervencións posteriores. Conta cunha soa nave con planta rectangular e muros de cantería, co presbiterio máis baixo cá nave; tanto a cuberta da nave como a do presbiterio son de tella a dúas augas. No alzado principal presenta unha porta de madeira centrada con arco de grandes doelas apuntado e unha pequena fornela con imaxe na parte superior. No alto, a espadana de dous corpos con campás, frontis triangular e remate en cruz de pedra.
Arriba
Axúdanos a mellorar!