IGREXA DE SANTIAGO

Relixioso
264

Localización

Parroquia: Ribadavia (San Domingos)

Lugar: Ribadavia

Rúa Santiago, s/n

32400  Ribadavia - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 18.0" N - 8º 08' 31.9" W

Descrición

Ordenouse construír a Igrexa de Santiago a finais do século XII, para acoller a parroquia máis antiga de Ribadavia. Os seus puntos máis interesantes son a fachada, cun rosetón de vintecatro ocos, os arcos e a torre barroca.

As dúas portas dos costados, as cales se corresponden entre si e axemenizadas de maneira que só poida pasar por elas unha persoa. A da dereita ou do sur mostra á esquerda unha inscripción que di:
Joha Mja fe-
Zo lavrar
Esta pedra.

Todo o edificio está profusamente decorado. No seu interior pódense ver numerosas imaxes barrocas de destacable valor artístico. Merece especial atención a dedicada a Santiago. Data do século XIV e mostra o estilo da escola do mestre Mateo.

En 1222 xa consta documentalmente a existencia da igrexa de Santiago e, con anterioridade a 1230, posuíu a devandita parroquia moi extensas propiedades de casas e bens situados no centro da vila. Con posterioridade, os prelados dispensáronlle privilexios especiais, e acadou o status de igrexa principal da poboación.

Acceso

Núcleo capital municipal.
No centro do conxunto histórico de Ribadavia; accedese pola rúa Santiago entre as prazas da Madalena e García Boente.
Arriba