IGREXA DE SAN SALVADOR DE ARNOIA

Relixioso
1013

Localización

Parroquia: A Arnoia (San Salvador)

Lugar: Outeiro Cruz

32417  A Arnoia - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 14.9" N - 8º 08' 17.9" W

Descrición

Antigo priorado de Celanova. Igrexa parroquial do s.XVII (fundada no ano 1612) e que se construíu sobre unha máis antiga de estilo románico, estilo que apreciamos unicamente nunha pequena ventá situada sobre a porta da fachada principal e sobre a que se sitúa a imaxe de San Salvador. No interior dúas pedras de armas, unha delas dun familiar da Inquisición. Retablo de construción popular, obra dun carpinteiro local. Posteriormente a igrexa sufriría modificacións consecuencia de arranxos continuos de aí que cónxuxe estilos indeterminados. Recentemente restaurada.

Acceso

Núcleo capital municipal.
Arriba
Axúdanos a mellorar!