IGREXA DE SAN MIGUEL DE RANDULFE

Relixioso
846
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Paradela (San Miguel)

Lugar: Randulfe

27611  Paradela - Lugo

Coordenadas:
42º 46' 02.9" N - 7º 34' 09.9" W

Descrición

Templo de orixe románica con reformas posteriores de época barroca. Unha nave con cuberta a dúas augas. Mantén a ábsida da fábrica primitiva rectangular, con bóveda de canón e dividida por un arco faxón con semicolumnas ornamentadas. Altar pétreo levantado sobre unha antiga pila bautismal. Na ábsida consérvanse unhas pinturas murais, posiblemente do século XVI.

Tamén atopamos un cruceiro monolítico con capitel de follas e volutas, de fuste esvelto, con figuras alegóricas do desencravo. Foi obxecto dunha edición conmemorativa de selos do Xacobeo ´99.

Acceso

Xusto á entrada da capitalidade municipal, en sentido Portomarín-Sarria, antes dun taller mecánico, hai un desvío á dereita que indica “Iglesia Randulfe”; aos poucos metros, á man dereita, atopamos o templo e o Cruceiro.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba