CAPELA DE SAN ROQUE

Relixioso
1211
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Lugar: O Grove

Rúa: Luis Antonio Mestre, s/n

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 31.9" N - 8º 51' 56.9" W

Descrición

Construída no s. XVII como agradecemento ao Santo por axudar á vila a superar un azoute de peste. Capela pequena e moi sinxela de planta cadrada. Construcións aos lados que fan as veces de locais parroquiais onde se desenrolan diferentes actividades da parroquia. Muros de perpiaños de granito. Dobre campanario de remate triangular (espadana).  Posúe un pequeno patio e escaleiras de acceso.
Nesta capela gárdase a imaxe da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros da vila do Grove, que sae en procesión marítima nos seráns de cada 16 de xullo.
Celebra misa todos os días (excepto os sábados) ás 8:00 e as 20:00 h. 

Acceso

No núcleo urbano capital municipal.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!