CAPELA DE SAN CARALAMPIO

Relixioso
963
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Lugar: Illa da Toxa

Rúa: Illa da Toxa, s/n

36989  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 02.0" N - 8º 50' 47.0" W

Descrición

Capela construída no s. XIX con planta de cruz latina e nave única. O trazo máis destacable é estar enteiramente cuberta de cunchas de vieira, dende a súa base ata o campanario. Atópase rodeada de xardíns e no entorno do Gran Hotel e balneario da Toxa.
Anteriormente estivo dedicada a San Sebastián pero na actualidade tras unha reforma colócase como imaxe principal a Virxe do Carme. Nesta capela dáse culto o famoso San Caralampio, un mártir do s. III, que é patrón das enfermidades da pel, de aí o patronazgo e culto neste lugar especial de augas termais como terapias para curar a pel nos balnearios desta illa da Toxa, de aí que a xente, dende moi antigo, acode a esta capela pedindo a protección deste Santo.
Aberta durante a tempada estival. Celebra misa os sábados e véspera de festivo ás 20:30 e domingos e festivos ás 11:00, 13:00 e 20:30 h. durante o verán. No inverno solo os sábados as 19:30 h e domingos ás 13 h.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba