MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO

Museos e coleccións
1558
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Praterías s/n

15702  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 56.2" N - 8º 32' 33.9" W

Descrición

O actual edificio aberto ao público sitúase na Praza das Praterías, no espazo do antigo Banco de España, inmoble proxectado polo arquitecto Romualdo de Madariaga e inaugurado en 1949. Aquel edificio foi remodelado por Manuel Gallego Jorreto, entre 2009 e 2012, para adaptalo ás necesidades museísticas, e o Museo das Peregrinacións e de Santiago instalouse alí en novembro de 2015 trasladando as súas obras mestras desde a Casa Gótica -antiga sede expositiva e na actualidade sede administrativa-.

A actual exposición permanente, distribuída en tres plantas, céntrase nas seguintes áreas: a peregrinación como fenómeno universal, o Camiño de Santiago e a peregrinación Xacobea e, por último, a cidade de Santiago. En relación con este discurso expóñense esculturas, pintura, gravados, libros, documentos, etc., que explican as peregrinacións en sentido amplo.
Así mesmo, o museo realiza varias exposicións temporais ao longo do ano.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/peregrinacions

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba