MUSEO PROVINCIAL DO MAR

Museos e coleccións
626

Localización

Parroquia: Lieiro (Santa María)

Lugar: San Cibrao

Rúa: Avda. da Mariña, s/n

27890  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 44.3" N - 7º 26' 30.9" W

Descrición

O museo nace en 1969, como froito da gran paixón do mestre de escola Don Francisco Rivera Casás en recoller e coleccionar obxectos relacionados co mar. Durante 1994 realízase unha reforma interior do edificio e organízanse os seus fondos en salas de exposición permanente; desde esa data a xestión do museo lévaa a cabo a Asociación de Veciños ?Cruz da Venta? de San Cibrao. Desde os seus inicios este museo pretende ser o reflexo da vida mariñeira da costa luguesa, mostrando a súa riqueza biolóxica e etnográfica. A riqueza dos seus fondos vai desde a etnografía (embarcacións tradicionais, artes de pesca...), pezas de interese biolóxico (ósos de balea, esqueletos de mamíferos mariños, peixes disecados, cunchas, crustáceos...), pasando por instrumentos de navegación, cartas náuticas, máquinas de vapor, áncoras, canóns, etc.

Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba