IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARINA DE PÍAS

Relixioso
276

Localización

Parroquia: Pías (Santa Mariña)

Lugar: A Costeliña

36895  Ponteareas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 01.9" N - 8º 29' 39.9" W

Descrición

Igrexa construída cara ao ano 1671. A súa planta é de cruz latina, cunha soa nave e tres capelas. Viuse sometida a reformas posteriores que modificaron lixeiramente o seu aspecto orixinal.
A fachada principal é de estilo Neoclásico, con arco de medio punto e nicho barroco. No eixe central, torre con tambor e cúpula ortogonal.
No interior do templo, a planta rectangular cóbrese con bóveda de canón e arco de medio punto rebaixado. Tamén destaca o cruceiro como prolongación da nave central. As capelas laterais cóbrense respectivamente con bóveda de canón e bóveda de crucería. Sobresaen tamén no interior do templo varios retablos barrocos ( Un en honra a San Benito de 1774) así como as pinturas murais que datan da mesma época.
Arriba