IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE PADRÓNS

Relixioso
796

Localización

Parroquia: Padróns (San Salvador)

Lugar: Maínza

36866  Ponteareas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 33.0" N - 8º 31' 56.9" W

Descrición

Igrexa construída a principios do século XIII da que tan só se conserva a súa portada occidental. Esta sorprende pola súa orixinal traza e dimensións, a súa amplitude e proporcionalidade aínda a pesar das modificacións sufridas na súa parte central. Consta de tres arquivoltas de directriz lixeiramente apuntada, apeadas en tres pares de columnas monolíticas con baseas de perfil ático con poutas. Os capiteis son alongados e presentan unha decoración a base de follas e crochets nos ángulos. O tímpano é de catro perpiaños lisos e conserva as súas dúas mochetas decoradas con dous anxos con lendas. Remátase todo o conxunto cunha chambrana de catro filas de tacos.
No século XVIII a fábrica primitiva foi totalmente reconstruída engadíndolle unha torre, elevando a nave e construíndo a sancristía pegada ao lado norte do presbiterio.
No seu interior destaca o retablo do altar maior procedente do convento franciscano de Agrelo (Redondela), traído pouco despois da exclaustración de 1835.
Arriba
Axúdanos a mellorar!