IGREXA PARROQUIAL DE SAN BREIXO DE ARCOS

Relixioso
243

Localización

Parroquia: Arcos (San Breixo)

Lugar: Furco

Estrada EP-8404

36677  Cuntis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 39' 38.9" N - 8º 32' 15.9" W

Descrición

Destaca polos seus relevos góticos incrustados no muro do adro, nos cales se representan distintas escenas da vida de Cristo: nacemento, adoración dos Magos e descenso da Cruz. O cemiterio, pegado a igrexa é moi singular xa que aproveitando o desnivel do terreo hai varios recintos subterráneos unidos por corredores.

Acceso

Partindo da zona urbana de Cuntis, tomaremos a N-640 con dirección A Estrada, percorridos 3,5 km, desviarémonos á dereita por unha pista asfaltada, que tras percorrer 0,5 Km nos conduce á igrexa.
Arriba