IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE GARGANTÁNS

Relixioso
861

Localización

Parroquia: Gargantáns (San Martiño)

Lugar: San Martiño

36668  Moraña - Pontevedra

Coordenadas:
42º 33' 59.9" N - 8º 35' 16.9" W

Descrición

Igrexa de orixe románica, século XII, con reformas posteriores. De nave rectangular con ábsida semicircular e sancristía pegada ao alzado do presbiterio. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. Románico só conserva a cabeceira e parte do muro sur da nave. A ábsida na parte interior ábrese á nave por un arco triunfal de medio punto, sobre columnas de fuste liso e capiteis de decoración vexetal. Na parte exterior a ábsida está dividida por catro columnas pegadas. No tramo central ten un rosetón con celosía que a tallada en baqueta lisa con moldura de decoración xeométrica. Flanquean o rosetón dúas ventás rematadas en arco de medio punto con celosías. Un dos laterais conserva no tellado canecillos de motivos variados, xeométricos, vexetais e figurados.
Arriba
Axúdanos a mellorar!