IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE REBÓN

Relixioso
1505

Localización

Parroquia: Rebón (San Pedro)

Lugar: San Pedro

36669  Moraña - Pontevedra

Coordenadas:
42º 33' 19.0" N - 8º 36' 14.0" W

Descrición

Igrexa románica do século XII, con reformas posteriores, principalmente no XVIII. Planta de cruz latina, con ábsida semicircular. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, con cuberta de tella a dúas augas. A ábsida é románica, semicircular, con columnas pegadas con capiteis figurados, sobre os que se apoia unha cornixa. No tramo central ten unha ventá rematada en arco de medio punto, e sobre esta un rosetón. No interior conserva o arco triunfal en ferradura, apoiado sobre columnas lisas con capiteis figurados.
Arriba
Axúdanos a mellorar!