IGREXA DE SANTA MARÍA DE SACOS

Relixioso
1332

Localización

Parroquia: Sacos (Santa María)

Lugar: A Vila de Arriba

36121  Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 30' 50.4" N - 8º 29' 38.1" W

Descrición

Construción románica do s. XII, aínda que posúe moitos engadidos posteriores, como a sancristía e a parte alta da cabeceira. Posúe tres portas románicas. A cornixa da ábsida debuxa arquitos e curiosos canecillos. Tamén pode observarse unha cruz sobre dous estraños animais superpostos.

Acceso

Partindo de Tenorio con dirección Ourense pola N-541, atópase a 12,5 Km no lugar de Santa María de Sacos, aquí debemos tomar un desvío á dereita que sinaliza "Vina de Arriba. Transcorridos 400 metros atópase a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!