IGREXA DE SANTIAGO DE CAROI

Relixioso
1383

Localización

Parroquia: Caroi (Santiago)

Lugar: A Eirexe

36856  Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 09.8" N - 8º 25' 01.4" W

Descrición

Construción barroca con planta de cruz latina. Destaca a fachada con traballadas molduras e rematada con pináculos; na parte central hai unha espadaña con dúas campás. Arredor da igrexa existen numerosos sarcófagos infantís realizados en pedra, así como algunha columna de traballados capiteis. A ruta para chegar á igrexa pasa entre altas brañas onde pastan vacas e cabalos semisalvaxes.

Acceso

Partindo de Tenorio dirección Ourense pola N-541 desviarémonos a 3 Kms en Viascón á dereita dirección Carballedo, tras percorrer 8,5 Kms e pouco antes de chegar a Carballedo, tomaremos un ramal á esquerda polo que seguiremos 8 Kms antes de chegar á igrexa de Caroi. Esta atópase nunha pequena baixada (100 metros) á dereita.
Arriba
Axúdanos a mellorar!