VALDOVIÑO

Cámpings - Cámping de 1ª Categoría
541

Localización

Parroquia: Valdoviño (Santalla)

Lugar: Valdoviño

Estrada da praia

15552  Valdoviño - A Coruña

Coordenadas:
43º 36' 44.6" N - 8º 08' 57.6" W
+34 981 487 076
+34 678 253 518
+34 981 486 131

Descrición

O cámping, localizado en pleno corazón das Rías Altas, nunha zona moi tranquila e con grandes posibilidades de diversión, lecer, deporte e aventura, dispón de todos os servizos e infraestruturas para facerlle a estancia moito máis cómoda ao viaxeiro. Conta con lavandería, cafetería, zona infantil, servizos para minusválidos, sala de xogos, etc. Amplas parcelas cubertas de céspede con conexión eléctrica e baixo zonas de sombra arboladas. Situación estratéxica a 10 minutos das estacións de autobús e ferrocarril, e a media hora do aeroporto da Coruña e a 1 hora do de Santiago, contribúen a convertelo nun destino ideal. Situado nunha contorna privilexiada pola natureza, a escasos metros da praia da Frouxeira de máis de 3.500 m de lonxitude e dunha lagoa que forma parte dunha Reserva Natural Europea, o cámping está rodeado ademais por unha diversidade de praias, calas, dunas e bosques de ribeira que farán as delicias dos amantes do descanso en contacto coa natureza e tamén dos que buscan acción a través da práctica de deportes como vela, surf, windsurf, pesca con cana e submarina, sendeirismo, paseos a cabalo, etc..

Tipos de servizos

Accesible autos
Accesible bus
Accesible caravanas
Accesible motos
Admisión animais de compañía
Admite tarxetas de crédito
Arboredo
Auga quente xeral
Bar-cafetaría
Beira río-lago
Bungalows
Caixa de correos
Chan de herba
Corrente eléctrica
Custodia de valores
Desaugadoiro directo caravanas
Duchas de auga quente
Especial. recomend. para nenos
Gas
Internet
Lavandaría
Parque infantil
Praia areosa
Restaurante
Salón social
Sendeirismo
Servizo médico
Subministración auga caravanas
Supermercado
Teléfono
Vixilancia 24 h.
Wifi
Zonas verdes

Accesibilidade

Grao de Accesibilidade: Practicable

Arriba
Axúdanos a mellorar!