MUSEO CATEDRALICIO DE OURENSE

Museos e coleccións
460
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Praza do Trigo, s/n

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 10.2" N - 7º 51' 47.0" W

Descrición

Instalado no claustro gótico da Catedral de Ourense, reúne pezas de calidade excepcional. Cómpre salientar o “Tesouro de San Rosendo”, procedente do Mosteiro de Celanova e composto por oito pezas de xadrez manufacturadas en cristal de rocha, de arte fatimí do século X. Outra peza de impresionante calidade é a “Cruz Prezosa”, obra de Enrique de Arce e regalo dos Condes de Benavente. Tamén vestimentas litúrxicas, escultura e xoiería relixiosa.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba