IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE LOXO

Relixioso
1022

Localización

Parroquia: Loxo (Santa María)

Lugar: A Eirexe

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 03.0" N - 8º 19' 58.9" W

Descrición

A edificación é de planta rectangular, con porta de medio punto con molduras e unha ventá na tribuna, tamén de medio punto. O corpo de campás é unha torre adxacente á fachada. Destaca o campanario moldurado, con vans de medio punto moi peraltados e templete octogonal tamén peraltado, con oito vans de medio punto e cupulín.

Acceso

A ela accédese dende Touro centro a través da AC-240, que pasa polas parroquias de Touro e Loxo. En Loxo atravésanse as aldeas de Cruz de Méndez, Os Bravos e A Goleta, para coller un desvío á dereita que conduce directamente á Igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!