IGREXA DE SAN NICOLÁS

Relixioso
999
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa San Nicolás 18

15001  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 17.0" N - 8º 23' 55.6" W

Descrición

Templo medieval reedificado (s. XVIII e XIX). Cachotaría. Planta dunha soa nave de catro tramos, dos que o último fai de cruceiro. Seis capelas laterais de estrutura rectangular. No último tramo sitúase o coro. O alzado consta de pilastras sobre as que se apoian arcos faixóns que á súa vez sosteñen unha bóveda de medio canón na nave, e no seu tramo máis ancho unha bóveda de arestas que descansa sobre un tambor sobre pechinas. A luz introdúcese pola cúpula. A decoración no interior non é abundante (placas en arcos faixóns e bóveda e volutas en pilastras). Fachada austera, dominada pola simetría, con dous corpos, pilastras e ocos de escaso volume. Coroada por un friso sobre o que se coloca San Nicolás e aos lados dous campanarios.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!