IGREXA DE SAN FRANCISCO

Relixioso
349
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida Franciscanos, Paseo de los Puentes 10

15004  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 01.7" N - 8º 24' 49.7" W

Descrición

Fundada en 1214, supostamente por un discípulo de San Francisco, incéndiase ante o ataque dos ingleses. Foi prisión e en 1963 trasládase ao seu lugar actual. Cachotaría, planta de cruz latina con tres naves e tres capelas, a central poligonal de sete lados e as outras dúas rectangulares. Os arcos da nave central e os que abren as capelas son apuntados, apoiados sobre semicolumnas con capiteis vexetais. Naves con teitume de madeira a dúas augas, e capelas con bóvedas de crucería, no caso da central en abano, reforzadas por contrafortes diagonais no exterior. Capiteis decorados: vexetal (follas de acanto, piñas, aves androcéfalas, monstros e cabezas). Fachada principal actualmente tapiada. Ten un arco de medio punto sen tímpano con tres arquivoltas e capiteis con decoración vexetal. Entrada polo lado norte, cun arco composto por arquivoltas e tímpano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!