IGREXA PARROQUIAL DE SAN XURXO DE CAMARIÑAS

Relixioso
1362

Localización

Parroquia: Camariñas (San Xurxo)

Lugar: Camariñas

Rúa Real s/n

15123  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 04.5" N - 9º 10' 59.2" W

Descrición

Igrexa barroca (XVIII) dunha soa nave, con amplio cruceiro de bóveda de arista na parte central e bóveda de cañón nos extremos. Capela maior tamén cuberta con bóveda de arista que da acceso a unha sancristía engadida no século XIX. Na fachada resalta o tramo central que, pola súa decoración volumétrica, de frontóns partidos, e de placas, con molduras pétreas, remítenos ao arquitecto Simón Rodríguez, un dos máximos exponentes da arquitectura barroca galega.

A súa fundación débese a doazón de D. Domingo Antonio Domínguez Canosa, emigrante en México. No seu interior destaca polos retablos barrocos e neoclásicos, entre eles o Retablo Maior de San Xurxo (1788-1798), de estilo neoclásico e  tipoloxía sacramental que se atribúe ao taller de Xosé Ferreiro, discípulo de Xosé Gambino. 

Acceso

No núcleo urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!