Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: ERMIDA DA VIRXE DO MONTE&body=Recoméndoche que leas a información ERMIDA DA VIRXE DO MONTE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4929/ermida-da-virxe-do-monte?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Esta Ermida atópase ás aforas da vila, nun promontorio de alto valor paisaxístico dende o que se divisa a punta da Barca (Muxía). É de estilo barroco (XVIII) e presenta unha planta dividida en dous tramos con coro, e conta cun anexo (nártice) lateral no muro sur. A fachada sinxela e simétrica, sen decoración e cunha sinxela espadana cun só oco formado por un arco de medio punto.
A romería ten lugar o Luns de Pascua, levase en procesión a imaxe dende Camariñas ata a ermida, onde se dan tres voltas arredor do templo. Segundo a tradición, préndese unha vela diante da imaxe cando a persoa está ausente, para que esta Virxe, que segundo a lenda apareceu no mar, se lembre do ofrecido. Testemuño destes rituais son os exvotos de barcos que aparecen no recinto.
O lenzo da imaxe da Virxe é de 1759 e do autor Antonio Sarmiento. Este lenzo hoxe forma parte da colección do Museo de América (Madrid).
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.