ERMIDA DA VIRXE DO MONTE

Relixioso
1725

Localización

Parroquia: Camariñas (San Xurxo)

Lugar: Lago

15123  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 53.6" N - 9º 12' 13.3" W

Descrición

Esta Ermida atópase ás aforas da vila, nun promontorio de alto valor paisaxístico dende o que se divisa a punta da Barca (Muxía). É de estilo barroco (XVIII) e presenta unha planta dividida en dous tramos con coro, e conta cun anexo (nártice) lateral no muro sur. A fachada sinxela e simétrica, sen decoración e cunha sinxela espadana cun só oco formado por un arco de medio punto. 

A romería ten lugar o Luns de Pascua, levase en procesión a imaxe dende Camariñas ata a ermida, onde se dan tres voltas arredor do templo. Segundo a tradición, préndese unha vela diante da imaxe cando a persoa está ausente, para que esta Virxe, que segundo a lenda apareceu no mar, se lembre do ofrecido. Testemuño destes rituais son os exvotos de barcos que aparecen no recinto. 

O lenzo da imaxe da Virxe é de 1759 e do autor Antonio Sarmiento. Este lenzo hoxe forma parte da colección do Museo de América (Madrid). 

A tradición conta que esta Virxe era irmá da Virxe dá Barca e cada unha delas instalouse nun lado da ría. A Virxe avisaba os mariñeiros cando había tormenta para que non saísen a navegar. Estes, na súa honra, erixiron unha igrexa en Camariñas pero foi destruída por unha tormenta. Tempo despois a imaxe da Virxe apareceu onde hoxe está emprazada a capela. Celébrase unha romaxe o luns de Pascua.

Acceso

Saída de Camariñas estrada a Cabo e Faro Vilán. A 1,2Km desvio á esquerda saída campo de fútbol e ermida Virxe do Monte.
Arriba
Axúdanos a mellorar!