IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARCOS

Relixioso
3501
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Corcubión (San Marcos)

Lugar: Corcubión

Praza Francisco Sánchez s/n

15130  Corcubión - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 38.9" N - 9º 11' 29.9" W

Descrición

Construído en estilo gótico mariñeiro (séculos XIV-XV), este templo, declarado Ben de Interese Cultural, conserva restos románicos doutro anterior na capela maior, así como nos seus canzorros historiados. A igrexa organízase nunha planta de salón rectangular, de nave única, e unha capela maior rectangular cuberta por unha bóveda cupuliforme (de influxo bizantino) que vai sobre nervios diagonais volteados sobre columnas encostadas. A nave divídese en catro tramos mediante tres arcos apuntados con arestas.
A igrexa parroquial de Corcubión está presidida pola impresionante imaxe de san Marcos da Cadeira, talla gótica da escola veneciana datable na segunda metade do século XV.

Acceso

No mesmo núcleo.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba