SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA E PEDRAS DA BARCA

Relixioso
6263
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Muxía (Santa María)

Lugar: Muxía

Rúa: Punta da Barca

15124  Muxía - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 42.9" N - 9º 13' 10.9" W

Descrición

Construída en 1719, pero sofre reformas posteriores. Ten unha nave de planta de cruz latina. A fachada ten dúas torres, construídas en 1958, con dous corpos de arcadas. No seu interior alberga os sepulcros dos condes de Maceda, os que financiaron a obra, e varios retablos, un deles obra de Miguel de Romay.
É un dos santuarios máis antigos de Galicia e a el acoden unha grande cantidade de romeiros. A tradición conta que cando Santiago Apóstol predicaba por Fisterra sufrindo penalidades e desalentos se lle apareceu a Virxe nunha barca de pedra guiada por anxos. Como testemuño desta aparición está a barca coñecida como "Pedra de Abalar" e a vela "Pedra de Os Cadrís", que cura de reuma a todo aquel que pase baixo ela.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba