SANTUARIO DE SANTA MINIA

Relixioso
2967

Localización

Parroquia: Brión (San Fins)

Lugar: Pedrouzos

15865  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 00.9" N - 8º 40' 41.9" W

Descrición

O santuario está situado no centro da capital municipal, Pedrouzos.

Esta construción inacabada de grandes dimensións e monumentalidade, encrávase nun espeso arboredo no cal ten lugar todos os anos un das romaxes de maior renome en toda a bisbarra. O edificio, realizado en cadeirado de granito, é de planta rectangular e os seus elementos arquitectónicos e decorativos son de estilo barroco.

No seu interior, nunha fornela do altar maior albérgase a pequena e venerada imaxe de Santa Minia, xacente, con roupaxes brancas bordadas en ouro. O pé que aparece descuberto loce tres pulseiras e na man esquerda leva a palma dos mártires.

Arriba