IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO EL MAYOR

Relixioso
492
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Padrón (Santiago)

Lugar: Padrón

Praza Fillos e Amigos de Padrón, s/n

15900  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 20.9" N - 8º 39' 42.0" W

Descrición

Reconstruída no s. XIX, pero consérvanse restos das edificacións primitivas, do templo románico queda unha inscrición e do gótico un púlpito pétreo. Ten unha nave de planta de cruz latina. A fachada ten unha porta coroada por un frontón triangular e, á súa vez, o conxunto está enmarcado por dous pares de pilastras que sosteñen outro frontón. Dispón de dous campanarios.
Ten unha ara romana baixo o altar coñecida como o "Pedrón", a onde os discípulos do apóstolo Santiago amarraron a barca que levaba o cadáver deste.

Acceso

No mesmo núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Horarios

Horario de misas

inverno:

Laboráis ás 20:00 h, 

Vísperas ás 20:00 h

Festivos, ás 9:30 h e ás 12:00 h.

Verán:

Laboráis e vísperas ás 20:30 h

Festivos ás 9:30 e ás 12:30 h.

Arriba