IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DO CAMPO

Relixioso
327

Localización

Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)

Rúa Felipe Prieto

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 42.0" N - 7º 35' 39.9" W

Descrición

Románica, da 2ª metade do século XII, é una das máis puras e completas igrexas urbanas de Galicia. A igrexa e o seu entorno están declarados Monumento e Conxunto Histórico Artístico.

A igrexa posúe planta basilical de tres naves e ábsida semicircular dividida ao exterior en tres vans por dúas semicolumnas pegadas con vans de arquitos semicirculares sobre columnillas acodilladas. A ábsida cóbrese con bóveda de canón semicircular. No seu interior contén reliquias traídas de Roma. Destaca, entre elas, a magnífica cruz procesional de prata (S.XVI) de forma flordelisada con follaxes platerescos. Dentro da súa imaxinaría destaca o valioso grupo de Las Angustias, que procede do tímpano dunha das portas da vila (antigas murallas). Ao exterior, ábrese a portada de arquivoltas de medio punto sobre columnas pegadas ás xambas. Sobre ela un tornalluvias sobre antigos canecillos.

Acceso

En Viveiro atravesar a porta de Carlos V e continuar recto ata a rúa Teodoro de Quirós, desembocando na igrexa que está situada á dereita.
Arriba