IGREXA MONACAL DE MONFERO

Relixioso
866

Localización

Parroquia: San Fiz de Monfero (San Fiz)

Lugar: O Convento

15619  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 25.9" N - 8º 02' 12.9" W

Descrición

En Monfero podemos apreciar un fermoso conxunto formado pola Igrexa de Santa María de Monfero e as ruínas do Mosteiro. 
O Templo naceu en 1134 como Benedictino, ata que cerca do ano 1200 se incorporou á regra do Cister dependendo do Mosteiro de Santa María de Sobrado.
A Igrexa Románica foi destruída no s. XVII, época da que data a actual, quedando só un muro dela. 
Presenta unha maxestosa fachada barroca con catro columnas corintias e dúas pilastras, con perpiaños graníticos e placas de lousa, vans e unha torre xa que a outra caeu por un raio e non se volveu a levantar. 
Planta de Cruz latina e unha soa nave de 65 m. de longo por 12,5 m de ancho, de catro tramos, corto brazo transversal e presbiterio rectangular. Cuberta de bóveda de cañón con casetones ornamentados e cúpula sobre pendentes. 

Acceso

Dende a estrada AC 151, que pasa polo mesmo pobo de Monfero, en As Travesas atópase un desvío que indica Mosteiro de Monfero 2,5 Km.
Arriba