IGREXA DE SAN XOÁN DE CALLOBRE

Relixioso
1166
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Callobre (San Xoán)

Lugar: Callobre 5

15635  Miño - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 56.5" N - 8º 08' 50.3" W

Descrición

Igrexa de estilo predominantemente barroco do século XVIII, situada no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). O interior é moi sobrio dende o punto de vista ornamental. De planta de cruz latina, o espazo entre o presbiterio e as capelas laterais resólvese mediante arcos de medio punto. Destacan a pila bautismal, de características románicas, e os altares coas imaxes de San Xoan e a Dolorosa. Aos pés da nave sitúase un coro alto. O exterior concentra a decoración na fachada principal. Sobresae a espadaña de dous corpos, o primeiro composta por tres machóns que dan lugar aos ocos onde se sitúan as campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos. Destacan dous reloxos de sol, un na esquina da fachada principal e outro no lateral da epístola.

Acceso

Dende Miño, tomar a estrada en dirección Bemantes, continuar ata un cruce, onde se xira á dereita en dirección Callobre ata a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!