Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CONVENTO DE SAN DOMINGOS&body=Recoméndoche que leas a información CONVENTO DE SAN DOMINGOS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5053/convento-de-san-domingos?ctre=34%26langId=gl_ES%26tp=8
Edificio de estilo renacentista-barroco. Atravesou diferentes etapas construtivas nos séculos XVI-XVIII. Os dominicos chegan a Betanzos pola disposición testamentaria do presbítero Antonio González de Sosa, e, por doazón dunha familia nobre, establecen cátedras de diversas materias no convento, que chega a albergar 16 frades. Destacan nel o claustro con ventanais, os arcos das dependencias e a escalinata de acceso ás celas. Tras a desamortización de 1835 este convento pasa a propiedade municipal e os dominicos son expulsados da vila de Betanzos.
Hoxe en día alberga a sede do Arquivo e Biblioteca, o museo das Mariñas e a Oficina xuvenil.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.