CONVENTO DE SAN DOMINGOS

Relixioso
448
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Emilio Romay

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 42.9" N - 8º 12' 34.9" W

Descrición

Edificio de estilo renacentista-barroco. Atravesou diferentes etapas construtivas nos séculos XVI-XVIII. Os dominicos chegan a Betanzos pola disposición testamentaria do presbítero Antonio González de Sosa, e, por doazón dunha familia nobre, establecen cátedras de diversas materias no convento, que chega a albergar 16 frades. Destacan nel o claustro con ventanais, os arcos das dependencias e a escalinata de acceso ás celas. Tras a desamortización de 1835 este convento pasa a propiedade municipal e os dominicos son expulsados da vila de Betanzos.

Hoxe en día alberga a sede do Arquivo e Biblioteca, o museo das Mariñas e a Oficina xuvenil.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Renacentista

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba