IGREXA DE SANTIAGO

Relixioso
4303
No Camiño de Santiago

Localización

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 51.0" N - 8º 12' 42.0" W

Descrición

Igrexa de estilo gótico do século XV. Foi edificada por Fernán Pérez de Andrade "O Mozo", señor feudal da bisbarra, sobre outra máis antiga románica. Posúe planta basilical. Consta de tres naves, máis ancha a central que as laterais, con tres ábsidas. Os piares da nave son de sección cadrada con semicolumnas nas frontes. A capela maior cóbrese cunha bóveda de ábaco con nervios de perfil rectangular. A fachada principal reconstrúese entre os anos 1899 e 1901, debido ao mal estado en que se atopaba a anterior, da cal só se conserva a portada gótica dedicada a Santiago. A devandita portada posúe unha ornamentación de arquivoltas, columnas acodilladas nas xambas e tímpano decorado cunha imaxe de Santiago; sobre a porta sitúase un rosetón, que dá paso á cornixa decorada con arquitos cegos. Esta igrexa constitúe unha bela mostra da transición do románico ao gótico, á que se engade unha discreta fachada neomedieval, con certo aire lombardo.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba