IGREXA DE SANTA MARÍA DO AZOGUE

Relixioso
780
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Fernán Pérez de Andrade

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 54.9" N - 8º 12' 39.9" W

Descrición

Igrexa de estilo gótico, foi edificada entre a segunda metade do século XIV e a primeira do XV, por obra de Fernán Pérez de Andrade "O Boo" e o seu sucesor Fernán Pérez " O Mozo", sobre outro templo máis antigo de época románica. Ten unha planta basilical de tres naves con catro tramos, sen abovedar e desembocando todas elas nunha tripla ábsida; a central máis ancha que as laterais. A capela maior debuxa unha traza poligonal, heptagonal, mentres que as capelas absidais teñen planta cadrada. Estas tres dependencias son as únicas que se cobren con bóveda de crucería. O coro levántase aos pés do templo. Da ornamentación interior destaca o retablo da capela maior. No seu exterior sobresaen as portadas. Na fachada principal, a porta de entrada está cuberta por un arco de medio punto, decorado con arquitos a xeito de palmeiras invertidas e nas arquivoltas varias ordes de motivos vexetais e xeométricos. No tímpano dúas escenas da Adoración dos Reis e a Anunciación. Enriba loce un amplo rosetón. Esta igrexa foi declarada Monumento Nacional en 1944. Hoxe en día é considerada Ben de Interese Cultural (B.I.C.).

Acceso

No núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba