IGREXA DE SANTIAGO DE LAMPÓN

Relixioso
1328
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lampón (Santiago)

Lugar: A Madanela

15992  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 38' 25.0" N - 8º 54' 18.0" W

Descrición

Esta igrexa do s. XII sufriu transformacións no s. XVIII pero mantén claramente a tipoloxía do románico rural. É de planta de cruz latina, dunha soa nave. A nave principal está dividida en tres tramos por arcos rebaixados que sostén a bóveda tamén rebaixada. O acceso ás capelas laterais é por medio de arcos de medio punto apoiados sobre pilastras. Dende o presbiterio, cuberto por bóveda de canón, accédese á sancristía, que é de planta cadrada e bóveda de aresta. Os muros son de cantería de granito e a cuberta é a dúas augas con tella curva. En época barroca engádeselle a torre-campanario no lateral esquerdo da fachada, é de planta cadrada e consta de tres corpos superpostos. A fachada é de composición moi sinxela coa portada sen decoración sobre a que aparece a imaxe de Santiago Apóstolo. No vértice atopa o escudo heráldico da familia Caamaño, impulsora do esplendor da parroquia. Outro escudo atópase na ábsida. No interior destaca un espléndido retablo barroco.

Acceso

Dende Boiro, capital, tomamos a estrada xeral (AC- 305) con dirección a Ribeira. A 2 km aproximadamente chegamos a Lampón onde tomaremos o cruzamento á dereita co indicador de dirección: Igrexa.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!