IGREXA DE SANTA COMBA DE RIANXO

Relixioso
1631
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rianxo (Santa Comba)

Lugar: Rianxo

Praza Rafael Dieste s/n

15920  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 39' 01.9" N - 8º 49' 06.9" W

Descrición

Igrexa do século XV, de planta rectangular dunha soa nave, dividida en catro tramos por tres arcos faixóns apuntados. Realizada en cadeirado de granito, as súas cubertas de tella son a dúas e tres augas. A capela maior é de planta cadrada e está cuberta por unha bóveda de cruzaría. Ten apegada no lateral norte unha capela de menor dimensión. A sancristía está na parte posterior da cabeceira. Existen outras dúas capelas nos laterais da nave maior que foron construídas nos séculos XVI e XVII. Na fachada principal, de composición sinxela, destaca a portada do XVI, con arco de medio punto con arquivoltas decoradas con anxos. O tímpano contén relevos de Cristo e as xambas están divididas en dous tramos con doseis. Baixo as repisas os paneis presentan decoración de "candelieri" propia do plateresco español. A portada está enmarcada por dúas pilastras rematadas en pináculos. Sobre a anterior ábrese un rosetón. Nun lateral da fachada está a torre, do século XVIII, de planta cadrada e tres tramos.

Acceso

Dende a Praza de Castelao, no centro de Rianxo, podemos camiñar pola Rúa do Medio ou pola Rúa de Abaixo uns 300 m ata chegar á Praza de Rafael Dieste, onde se atopa a igrexa de Santa Comba de Rianxo. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!