IGREXA DE SANTA MARÍA DE ISORNA

Relixioso
905
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Isorna (Santa María)

Lugar: Sestelo

15983  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 16.9" N - 8º 44' 51.0" W

Descrición

Esta igrexa do século XVIII ten muros de cadeirado en granito e a cuberta en tella a dúas e catro augas. É de planta de cruz latina, dunha soa nave, dividida en catro tramos por tres arcos faixóns de medio punto apoiados sobre pilastras que sosteñen unha bóveda de canón. As dúas capelas laterais son de planta rectangular e desiguais. O presbiterio está sostido por arcos de medio punto e con bóveda de cruzaría. A sancristía está apegada a un lateral. A fachada ten portada rectangular moldurada, e sobre esta ábrense unha fornela e un van rectangular. Nun dos seus laterais está a torre-campanario, de planta cadrada e dividido en dous corpos: a base e o campanario propiamente dito. Ten un terceiro corpo composto por unha cúpula sobre tambor. A decoración é de inspiración barroca.

No interior alberga un retablo e imaxes dos escultores Felipe de Castro e José Ferreiro.

Acceso

Dende a Praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro; na rotonda collemos a primeira saída pola estrada DP-3301 cara a Isorna. Ao chegar a Isorna tomamos o desvío á esquerda en dirección a Sestelo e a uns 400 m atopamos a igrexa. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!