IGREXA DE SAN MAMEDE DE MOLDES

Relixioso
318

Localización

Parroquia: Moldes (San Mamede)

Lugar: Moldes

32514  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 00.3" N - 8º 07' 40.0" W

Descrición

“Monumento Histórico Nacional”, dende 1946, aséntase no cumio dun antigo castro. Construída no S. XII e comezos do XIII, é románica.
Nave rectangular á que se lle engadiu unha capela sobresaínte e ábsida cadrada. Na fachada principal ábrese unha decorada e fermosa portada románica pola que se accede ó interior da propia Igrexa. Remata esta fachada unha espadana dobre sobre a que se alza unha cruz antefixa.
No interior da Igrexa destaca o gran arco triunfal e unha capela lateral coa esta inscrición “Esta capilla fvndó i dotó el capitan Barme Rs. Tizón i Dona Bitoria de Lvzón sv mvger. Año 1638", e na cal se atopa actualmente soterrado o insigne guieiro da Xeración NÓS, Antón Losada Dieguez. Nun dos panteóns exteriores do cemiterio descansan os restos do ilustre  historiador e arqueólogo Manuel Chamoso Lamas. 

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba