IGREXA DE SAN PEDRO DE XURENZÁS

Relixioso
1340

Localización

Parroquia: Xurenzás (San Pedro)

Lugar: Xurenzás

32522  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 27' 30.9" N - 8º 08' 22.9" W

Descrición

De aparente sinxeleza construtiva e decorativa, de orixe románico, garda o seus segredos no interior. 
Por un lado os baldaquinos góticos, atribuídos ao Mestre de Ventosa. Un o Baldaquino da Epístola, que representa nos seus linteis a escena da degolación dos inocentes e a fuxida a Exipto, e no outro a Anunciación e o Nacemento do neno Xesús. No Baldaquino do Evanxeo, reproduce nos seus linteis a última Cea que discorre en ámbolos dous lados. 

 O outro segredo son as pinturas medievais, detrás dos retablos que acubillan os baldaquinos, que apareceron non hai moito e que datan de comezos do século XVI. Representan a Inmaculada no século XVI coa Santa Catalina, e por outro o martirio de San Sebastián.
Arriba
Axúdanos a mellorar!