IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SAGRA

Relixioso
1104

Localización

Parroquia: Sagra (San Martiño)

Lugar: Sagra

32516  O Carballiño - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 29.9" N - 8º 06' 20.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco construída en boa cantería. Posúe unha nave e unha capela maior que sobresaen en altura, con contrafortes angulares ao igual que a fachada. Ábsida cadrada. A fachada ten unha portada alintelada con tímpano recto sobre pilastras acanaladas. Dobre frontispicio sobre o que aparece un sinxelo campanario e columnas de corte clásico en relevo. No interior hai un retablo maior do século XVII coas estatuas do patrón San Martín, a Asunción e outros santos e evanxelistas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!