IGREXA DE SANTIAGO DE ANLLO

Relixioso
1069

Localización

Parroquia: Anllo (Santiago)

Lugar: Anllo

32515  San Amaro - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 25.0" N - 8º 05' 15.9" W

Descrición

Igrexa sinxela e sobria pertencente ao barroco popular. Consta dunha soa nave con dúas capelas laterais e unha ábsida. Destaca a fachada principal coa figura de Santiago peregrino nunha fornela e sobre o portalón da entrada. No interior retablo maior do sXVIII no que aparece a escultura de Santiago como cabaleiro.
Arriba
Axúdanos a mellorar!