IGREXA DE SANTO TOMÉ DE SERANTES

Relixioso
1896

Localización

Parroquia: Serantes (San Tomé)

Lugar: San Tomé de Serantes

32428  Leiro - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 05.0" N - 8º 09' 29.9" W

Descrición

A Igrexa de Santo Tomé de Serantes, de estilo Románico, está situada nun contorno natural especialmente fermoso. Data, segundo se pode comprobar na súa fachada, de 1170. A súa planta é rectangular, dunha soa nave. No exterior apreciamos a súa rica decoración a base de canzorros, que se estenden polos muros laterais. A portada principal está encadrada entre dous contrafortes prismáticos. Na súa parte superior vemos un rosetón baixo un arco semicircular tórico, que descansa sobre columnas acobadadas.
No seu interior, consérvase un interesante baldaquino gótico de pedra que o visitante deberá coñecer antes de continuar o seu camiño. Nel pódese observar unha representación da Anunciación.

Acceso

Capital municipal.
Arriba
Axúdanos a mellorar!