SAN CLODIO DO RIBEIRO

Relixioso
1564

Localización

Parroquia: San Clodio (Santa María)

Lugar: San Clodio

Rúa: San Clodio s/n

32420  Leiro - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 01.9" N - 8º 06' 56.0" W
+34 988 485 601
+34 988 485 604

Descrición

O Mosteiro de San Clodio foi declarado, xunto á ponte do mesmo nome, Monumento Histórico Artístico Nacional en 1931. A súa orixe non está totalmente clara. Algunhas fontes sitúana no século VI. Para outros estudosos, como Sandoval e Yepes, foi fundado no ano 928. Nun primeiro momento estivo á disposición dos monxes negros da orde de San Bieito, que o converteron nun núcleo agrícola próspero. Desde el introduciuse o cultivo da vide nesta zona. Desde 1225 e ata a exclaustración, foi cisterciense e novamente beneditino desde finais do século XIX.
Na fachada do mosteiro pódese ver a cruz de Caravaca, coñecida como "Divina Reliquia" e venerada polos aldeáns para protexer as vides da sarabia.
A igrexa do mosteiro, que leva o nome de Santa María, é de estilo gótico e conta con tres ábsidas en correspondencia coas naves. A imaxe da Virxe ocupa o retablo maior, no que aparece rodeada de santos e santas das ordes que nalgún momento ocuparon o mosteiro. É destacable a fachada barroca do antigo palacio abacial. Hoxe, tras un proceso de restauración, o antigo mosteiro foi convertido en Hotel Monacal. Entrando pola súa recepción, pódese acceder aos dous claustros.

Acceso

Bos accesos a partir da estrada local de San Clodio, que transcorre paralela, pola súa marxe esquerda ao río Avia, ata enlazar coa N-120 (Vigo-Ourense).

Estilos

Renacentista
Románico

Orden Relixiosa

Benedictinos
Cistercienses

Declaración

Ben de Interese Cultural

Tamén che pode interesar

Arriba