SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DOS MILAGRES

Relixioso
4756
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vide (San Xoán)

Lugar: Os Milagres do Medo

32701  Baños de Molgas - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 57.0" N - 7º 37' 43.9" W

Descrición

Monumento: Arquitectónico, histórico-artístico, relixioso, etnográfico e paisaxístico, declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1982.
Datación: Inicio e finalización da construción actual: 1728-1768. Anteriores construcións relixiosas: século XV e século IX.  

O Monte Medo sitúase no medio dunha chaira ao pé da Serra de San Mamede, cunha altitude de preto de 1.620 m. O santuario é de estilo barroco-neoclásico, rodeado dun muro no que se abren catro portas de acceso ao recinto. A fachada semella un retablo pétreo xigante, como avance en pequeno da fachada do Obradoiro da catedral de Santiago (sete anos antes que a de Compostela), coa súa balconada e altar, previstos para grandes multitudes na praza. No exterior atopamos sete capelas do viacrucis de pedra equidistantes entre si. Na parte traseira do complexo monumental atopamos a Carballa dos Milagres, xunto á Fonte da Virxe, lugar onde se cre que se situaba a primeira ermida dedicada á Santa, no século IX. Entrando pola porta traseira de acceso ao recinto, atopamos os restos da lanterna do anterior templo, tamén barroco, do século XVII, e continuando cara á parte dianteira polo lateral do templo, o cruceiro da Piedade, con orixe no XVI e reformado e decorado nos séculos XVIII e XIX. Outros edificios e instalacións que se poden apreciar son a pousada e restaurante (antes hospicio), o antigo colexio-seminario e a vivenda comunitaria dos paúis, xunto con outras estancias para retiros, exercicios espirituais e o Museo Devanceiros, das artes rurais e da artesanía da zona. Desde o século XIX o santuario está rexentado pola congregación dos padres paúis.

En toda Galicia, norte de Portugal e en xeral no noroeste peninsular é celebrada e recoñecida a novena que ten lugar entre a fin de agosto e o 8 de setembro. Durante estes días o santuario esta ateigado de fieis e postos feirantes, e se pode gozar dunha dunha auténtica romaría popular festiva e relixiosa de gran tradición.

Acceso

Baños de Molgas a santuario, en coche pola estrada OU-103, 4,3 km, 9 minutos. Variantes por estradas provinciais menores: 4,9 km, 11 minutos, e 5.3 km, 12 minutos. Calquera das rutas se pode facer a pé, como é tradicional durante a súa romaría. 
Tamén é accesible dende Ourense (OU-101 e OU-536) e Maceda, Santuario da Nosa Señora (OU 103).
Monumento sinalizado. 

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Tamén che pode interesar

Arriba