SANTA MARÍA DE MONTEDERRAMO

Relixioso
2493

Localización

Parroquia: Montederramo (Santa María)

Lugar: Montederramo

Praza de Montederramo s/n

32750  Montederramo - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 28.0" N - 7º 30' 07.9" W

Descrición

A súa orixe parece ser na antiga igrexa de San Xoán, onde radicaba como Mosteiro no ano 1124. Como Mosteiro do Císter foi fundado por Dona Teresa, filla de Alfonso VII, en 1142, traendo monxes franceses de Claraval. Outros autores dano como cisterciense no ano 1153, en que tomou a advocación de Santa María. No ano 1528 uniuse á Congregación do Císter, en España, comezando entón a reconstrución do edificio, mesmo a igrexa, pertencendo a maioría das obras ao século XVI. A igrexa, esvelta, presenta unha planta de cruz latina con tres naves de cinco tramos no brazo maior; brazos laterais marcados en planta, cinco capelas rectangulares, a central maior. As naves teñen bóvedas de crucería de supervivencia oxival, con lunetos e artesoado. No cruceiro, a cúpula sobre pechinas con cupulín. A fachada é plana e fría. Empezouse a igrexa no ano 1598, sendo mestra de obras Juan de Tolosa, da Compañía de Jesús, autor do Hospital de Medina del Campo, ademais doutros autores. Acabouse de construír no ano 1607, gravado no remate da fachada.
O mosteiro dispón de dous claustros, o máis antigo é de estilo oxival evolucionado, cadrado, de cinco arcos semicirculares por lado e bóvedas estreladas de nove claves; o corpo superior ofrece arcos e ventás por tramo renacentistas e barrocas. O segundo claustro, é cadrado, elegante, de catro arcos semicirculares por lado sobre columnas exentas renacentistas, e medallóns esculpidos e escudos, todo iso do século XVI. Tamén ten unha ampla e monumental escalinata de baixada á igrexa e unha boa sancristía.

Horario: De 11.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h. todos os días

Estilos

Renacentista
Gótico
Románico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Cistercienses

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba