IGREXA DE SAN MAMEDE DE PEDROUZOS

Relixioso
1184

Localización

Parroquia: Pedrouzos (San Mamede)

Lugar: Pousa

32760  Castro Caldelas - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 52.9" N - 7º 26' 08.9" W

Descrición

Construída no ano 1781 ten planta de cruz latina. Conta con tres arcos de medio punto na súa nave central, o primeiro con contrafortes ao exterior e os outros dous apoiados nos muros das capelas das naves laterais. Sobre o presbiterio e a sancristía levántase a bóveda, de pedra granítica ao igual que os muros. Por enriba da tribuna elévase a torre, de forma cuadrangular e cuberta por unha cupuleta. O púlpito, encadrado dentro da parede, cóbrese cun "gorro" de pedra, e ata el chégase por unha escada de caracol que vai polo interior do muro.
Arriba