SANTA MARÍA DE MIXOS EN SAN MAMEDE

Relixioso
2152
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Estevesiños (San Mamede)

Lugar: Mixós

32624  Monterrei - Ourense

Coordenadas:
41º 57' 45.0" N - 7º 27' 15.9" W

Descrición

A igrexa de Santa María de Mixós é de planta basilical (orixinariamente, de tres naves separadas por arcos de ferradura) e con tres ábsidas, os laterais rectangulares e o central cadrado, cunha ventá cada un. Na súa fábrica obsérvanse diferenzas entre os perpiaños de menor tamaño e asentados nun podio e os máis voluminosos do resto do templo; nos muros laterais obsérvanse modillóns que quizais fosen os soportes da tribuna que asentaría sobre unha pequena cámara, restos do antigo cenobio. Influencias de estilo asturiano, visigótico, mozárabe nunha igrexa prerrománica do século X.
No interior, aparecen dúas aras de época romana que serven de base para o altar maior e pinturas do século XIII e XIV, que representan ó Pai eterno sostendo ó seu fillo na cruz.
Nas súas orixes incertas aparece como un cenobio que foi doado ó mosteiro  Celanova pasando a mans dos condes de Monterrei no século XVI. Foi reconstruída nos séculos XV e XVI e ata o século XIX foi parroquia, quedando como capela anexa a sede parroquial de San Mamede de Estevesiños dende ese momento.

Ten consideración de BIC (Ben de Interese Cultural) como monumento histórico-artístico nacional, que é dende o 1931.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Prerrománico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Benedictinos

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!